viernes, 27 de abril de 2018

¡MENUDO PESADELO! por Tania Porteiro

Ricardo dirixiuse de madrugada á casa do seu veciño e inimigo Xoán. Rompeu a fechadura e subiu moi amodo as escaleiras. Abriu sixilosamente a porta da habitación de Xoán e, sen facer ningún ruído, achegouse a el. Mirouno por un largo tempo recordando os seus moitos anos de amizade. Xogaban xuntos ao fútbol de pequenos no patio do colexio. Facían xuntos o camiño de volta a casa. Merendaban xuntos o seu bocadillo favorito de pan con chocolate que lles poñía a nai de Xoán. Deixouse de sentimentalismos e pegoulle dous tiros. De súpeto espertou.

jueves, 12 de abril de 2018

MULLERES NA HISTORIA


                                                                                                          
Este ano, nós fixemos un mural do día internacional da muller baseado nas vivencias de Frida Kahlo. Escollemos a Frida porque loitou polos dereitos da muller e soubo romper cos estereotipos sexuais propios da súa época, encarnado a unha muller forte e autosuficiente. Expuxemos este mural no corredor do noso colexio.

Se queres visitar virtualmente a casa Museo de Frida preme aquí

martes, 10 de abril de 2018