sábado, 28 de marzo de 2020

Lecturas online gratis


 O grupo editorial Anaya acaba de facernos chegar unha proposta bastante interesante: a posibilidade de poder facer lecturas online de maneira gratuíta. Por se estades moi aburridos aquí van os enlaces.
Hai posibilidades tanto para Infantil, por se lle queredes ler aos pequeniños da casa no caso de habelos;  como para Primaria.




martes, 24 de marzo de 2020

Recursos en galego

Ás veces, atopar recursos na rede en galego non é doado. 
Neste caso neste portal educativo Aulas Galegas podedes atopar unha morea de actividades, contidos e cousas moi interesantes. Botade unha ollada!!!