miércoles, 23 de mayo de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Resultado de imagen de maria victoria moreno marquez
O pasado 17 de maio celebrouse o día das Letras Galegas. Foi adicado a María Victoria Moreno Márquez.

 María Victoria Moreno Márquez naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.  

A profesora Mónica organizou varias actividades adicadas as Letras Galegas. 
Como: decoración da alfombra floral, exposición de libros, organizouse unha exposición de: instrumentos musicais tradicionais galegos, cestería, ferramentas para traballar no campo e obxectos antigos. 

Nós (os de 5º e 6º) tocounos traer as ferramentas para traballar no campo. Como: o gadaño, o atador, otros utensilios que se utlizaban antigamente para traballar o liño como: a ripeira...







No hay comentarios:

Publicar un comentario