viernes, 19 de junio de 2020

ATA SEMPRE!!!


A derradeira entrada deste curso 2019-2020 quero dedicarlla a un grupo de xentiña marabillosa coa que compartín estes dous últimos anos.
  Foi un pracer tervos coñecido e éncheme de orgullo poder dicir que fun a vosa mestra durante este tempo. Darvos as grazas porque me fixestes moi doado o día a día xa que sempre afrontastes con ilusión e moitas ganas todo o que vos propoñía facer, e aínda máis se cabe durante este tramo final do curso, debido á terrible situación que nos tocou vivir. 

A partires de agora comeza unha etapa nova para vós e para a cal vos desexo toda a sorte do mundo, aínda que non me cabe a menor dúbida de que a ides a encarar con afouteza e determinación.

 Sobra dicir que se vos botará moitísimo en falta.
Abur!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario