jueves, 18 de junio de 2020

Despedidas dos alumnos de 6º

Alberto
Outro ano máis toca despedirse de todos os nosos compañeiros, profesorado e a xente que fai deste colexio o mellor, aínda que este ano se nos faga algo raro é a maneira que os meus compañeiros e eu temos de agradecerlles a todos os profesores, ao cociñeiro, á conserxe e ao director que todos estes anos nos tratasen tan ben e nos coidaran tanto.
Moitas grazas a Lucía que foi a miña primeira mestra, a cal aprendeume moitas cousas e téñolle moito aprecio, a Mónica que para min foi a mellor mestra que tiven neste colexio e me ensinou que ás veces as aparencias enganan. A Cristina que nestes dous últimos anos fíxome ser mellor e tamén me aprendeu a apreciar as cousas. Dar as grazas tamén á Teacher que foi moi boa e sempre estivo aí para calquera cousa. Ao director, Manolo, por preocuparse por min e facernos rir máis dunha vez. Tampouco me podo esquecer da nosa mestra de música, Marga, que nos aprendeu que a música non é só un grupo de sons senón algo máis que iso.
 Non me esquezo de Óscar e a súa gran comida que nos fixo gozar máis dunha vez. Por último, pero non menos importante a nosa conserxe Isabel, que mantén este colexio limpo e nos axuda no que pode.
Este último ano foi atípico con estas situacións pero decateime de algo, o importante non son as persoas coas que estás senón o tempo que pasas con elas e o aprecio que lles tes.
Por iso, Portomouro, isto non é un ata sempre, isto é un ata logo porque eu non me esquecerei de todos vós nin dos bos e malos momentos que pasei con todos e todas.
Moitas grazas a todos por estes anos e ata o ano que vén, nunca vos esquecerei.


Brais

O último que desexo facer é agradecerlle aos meus profesores a súa axuda, a Óscar a súa exquisita comida e a Isabel que mantivo o colexio sumamente limpo.
Podería dicir máis cousas, pero xa o fixeron as bágoas dos anteriores alumnos, pois non só choraban polos compañeiros e profesores, senón polo colexio en si.
E así, con todo o meu agarimo é como me despido dun pequeno colexio no referente a alumnos, pero xigante en canto a aprendizaxe e diversión.





Paula

Ola a todos:
Dáme pena saber que non nos podemos despedir como deus manda pero bueno, será unha despedida un pouco atípica.
Grazas a todos os meus compañeiros que estiveron comigo tanto nas situación malas como nas boas, tamén por aguantar os meus enfados, por  perdoarme sempre que me equivocaba, etc. 
Non me podo olvidar de todos os profesores que me aguantaron e me fixeron rir, e por darme unha excelente educación. 
E, por último, grazas á conxerse e ao gran cociñeiro Óscar.
Grazas por estes valiosos anos neste marabilloso colexio, botareivos moito en falta o ano que vén.
Unha aperta




Daniel

Ola a todos!! 
Este ano foi complicado para todos polo tema do confinamento, pero aínda así non me olvidei de despedirme de todos vós. 
Levo neste colexio nove anos, sen dúbida os mellores. Tiven choros, enfados , pelexas ,risas,... pero, aínda así aprendín moito. 
Queria dar as grazas a todos os meus compañeiros por apoiarme e axudarme en todo. Aos profesores por ser tan bos comigo e ensinarme tantas cousas. A Óscar por facernos esas comidas que nos deixaban o estómago cheo, e á conserxe por axudarnos no que necesitabamos e por manter o colexio limpo.
Isto non é un adeus, senón un ata logo. Volverémonos a ver , e cando poida irei a visitarvos. 
Moitísimas grazas.
Botareivos de menos.



Marcos

Remata xa este curso e toca despedirse.
Primeiro quería agradacer a todos os profesores, profesoras, conserxes e cociñeiros que estiveron en Portomouro durante a miña estancia no colexio polo bo trato que sempre nos deron.
En segundo lugar, a todos os compañeiros e compañeiras do centro por ser tan bos comigo. 
Por último, grazas a este colexio tan bo que pode parecer pequeno, pero por dentro é o máis grande do mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario